Mi Fotolog

Feed rss:

Febreiro entroido

pues eso, axenda:
Chega o entroido a Mollabao e preparamos unha boa festa no Liceo!
Concurso de disfraces, concertos, paparota e bailoteo.
Vinde disfrazadas e disfrazados, pasarémolo mellor e haberá premios para os mellores e PEORES disfraces

Animando a noite cos seus concertos: a Nova Orquesta Mollabao e Julius Gabriel

A Nova Orquesta Mollabao fará unha das súas esporádicas aparicións en directo.
Sospeitosos habituais de Cuchillo de Fuego, Urro ou Holky únense guiados pola enerxía primaria dunha improvisación intuitiva que os leva a crear unha primitiva, atípica, ruidosa e groovy batidora post punk.

O incendiario saxofonista Julius Gabriel que xa nos visitou con Ikizukuri ou About Angels and Animals vén presentar o seu novo disco Dream Dream Beam Beam, o seu primeiro álbum a solo, editado por Lovers & Lollypops
“O saxofonista alemán organiza as súas idiosincráticas influencias musicais para crear un mantra fluído de padróns circulares, overtones e erupcións de free jazz, que pode ser comprendido como a síntese posíbel dunha longa tradición jazzística interrompida por imaxinativas introducións de drones e noise. As composicións improvisadas de Julius Gabriel soan como excéntricas partículas de po danzando nunha luz crepuscular e en cámara lenta até o fin dos tempos, propondo a aqueles que o escoiten un requiem pola vida eterna.”

O martes 13 temos unha boa montada para romper coas supersticións, camiñar baixo escaleiras e romper espellos, todo isto mentres danzamos alegremente ó son do máis puro DIY francés.

A Shrimp Case son un dúo de noise-rock con tintes do math, que veñen facernos move-lo esqueleto coma se non houbese mañá, unha batería e unha guitarra cunha serie de coordinadísimos loops chéganlles ben para facerte disfrutar coma cando tiñas 7 anos. Escoita o seu bandcamp, que teñen un discazo!
A outra banda dona do baile é Triceracops, o seu nome dío todo, teñen o bailoteo fervente metido no sangue. Veñen ser un trío de puro noise-rock hiper-sónico, frenesí sonoro sen descanso a base de baterías e riffs constantemente cambiantes, para que non sepas se estás a mover a cabeza ou o cu. Escoita, que tamén teñen bandcamp!
Libro de visitas:


De:

Mensaje:

Introduzca el codigo en el cuadro y pulse enviar:

Floguer - Comunidad hispana de fotolog - crear fotolog. Términos y condiciones.